sábado, 19 de noviembre de 2011

Samain. Xa o dominamos! Bueno, un pouquiño...

SAMAÍN
O día 1 de novembro, os celtas aloumiñaban os poderes do outro mundo e propiciaban a abundancia das recolleitas coa celebración da cerimonia  do Samain;  para uns, o comezo do inverno e, para outros, o final de verán. A festa era para os celtas unha concentración do sagrado  nun tempo e nun lugar, o claro do monte, determinado que actualizaba, celebraba e comentaba a orixe mítica e a continuidade do mundo, segundo J. de Vries( La relixión des Celtes). Os mitos afirman  que nese intre se  producían grandes acontecementos cósmicos e tiña lugar a morte tanto ritual como simbólica do rei e da súa substitución.  Era unha cerimonia multitudinaria  pola   obrigatoriedade; quen non asistía corría o perigo de perder a razón. O día do Samaín, os celtas prendían o primeiro lume
Polas mesmas datas, os romanos celebraban as saturnais. O mundo das almas se entreabría e saían personaxes de pesadelo. O día exacto da celebración dependía da tradición oral. " Durante a preparación de parentalia, os romanos ofrecían aos seus mortos, que eran menos ávidos de riquezas e de fastos que os deuses que habitaban nas profundidades da lagoa Estigia, modestas ofrendas: grans de sal, o don de Ceres (pan), violetas espalladas sobre as tumbas, ramas de árbores como o piñeiro, pero sobre todo, piedade para eles. As Constitucións Sinodais galegas din que, no  velorio, o día dos defuntos e en algunhas outras ocasións, os  galegos puñan mesas nas igrexas, comían enriba dos altares e bailaban. No século XVI, o día dos  defuntos, os pobres comían, entre outras cosas, os restos das castañas de los señores (Synodicum Hispanum, I. Galicia).
As vivencias da cultura celta en España son tan numerosas como variadas e van desde utensilios como carros y apeiros de labranza a costumes como a de beber cervexa (termo de orixe céltico) e o do uso do xabón.Tamén formarían parte desa herda determinada costumes, como las fogueiras de San Xoán, e celebracións coma o Samain                 
     
Ata a súa conversión ao cristianismo, o Samaín (Samhain) foi a celebración máis importante do calendario celta. Simbólicamente, a noite de Samaín representa a eternidade. O Samain (etimoloxicamente “fin do verán”) representaba el ritual da última recollida e o regreso dos rabaños aos cortellos. Os celtas asociaban a noite de Samaín co momento no que o mundo do sidh – o outro mundo celta – se abría ao mundo dos vivos, e se convertía na  celebración  idóneo para recordar  aos  nosos  mortos.
Perante a noite de Samaín, os espíritos volvían a camiñar sobre a terra; as súas animas familiares eran benvidas e se  lles preparaban alimentos. En cambio, as animas malignas debían ser  rexeitadas  introducindo paveses  acesas nas calabreas dos inimigos mortos,  colocándoas  nos cruces dos camiños e dos castros.
Na actualidade o Samaín celébrano os seguidores dos movementos neo-pagáns, como a wicca e o druidismo.
O cristianismo  apropiouse desta festa e propiciou a súa versión sincrética na festa de Todos os Santos, isto é, a comunidade perfecta entre os vivos e os mortos. Nos países de tradición anglosaxona, a celebración de Samaín recibe o nome de Halloween e, ademais, a globalización, a está espallando polos países de tradición católica, polos  matices de festividade popular asociada a unívocos íconos de consumo masivo como cabazas e disfraces.
Os contos populares bretones están cheos de alusións ao día de Todos os Santos. Contan que   pola tarde non se pode  andar en carro ou en coche polo bordo da estrada pois córrese o risco de molestar aos mortos que volven, esa noite, ao  espazo dos vivos. Segundo eles, ese día de difuntos convén pasalo en paz, tocando a gaita e comendo roscos do camposanto. O samaín perdura en Irlanda como festa rural que celebra o haber espantado o fantasma da fame despois de encher os graneiros coa recollida dos productos do campo (V. Guibert, Les quatre fêtes d ouverture…).
Gregorio IV, fundándose nas visións do Apocalipse, instituiu a festa de Todos os Santos, para honrar aos santos, e a dos Feles Defuntos para socorrer  aos mortos que aínda non se purificaron no purgatorio. En realidade, se trataba de  cristianizar o samahaim que, nos aspectos pagáns, perdura na mauraca, na castañada  e no magosto. Como outras muchas, estas tres prácticas tradicionais estiveron medio desaparecidas durante anos pero estamos asistindo a súa recuperación.
Por una vez e sen que sirva de precedente, os progres, co  halloween, importado de EEUU, están colaborando o mantemento e a recuperación  dunha tradición europea tan villa como o tempo: o culto aos mortos.           

No hay comentarios:

Publicar un comentario