sábado, 19 de febrero de 2011

Magosto 2010

Dalgunha maneira os retos estimúlannos. Explicarémonos.  O traballo consistía en representar, ler ou contar historias no “faladoiro de Outono”. As ideas xurdiron rapidamente e foi a representación parodiada do magosto a que gañou Queriamos actuar todos. Improvisamos a decoración, ensaiamos pouco e, témolo que dicir, fracasamos coa música, pero… estamos contentos co resultado da obriña titulada a  d´evolución do magoto. Por iso queremos plasmala na nosa revista
 (D)EVOLUCIÓN DO MAGOSTO
-Ai , ai,  aiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!
-Pero…que che pasa?
-Pois… E que veño do magosto do colexio e….ai, ai aiiiiiii……
-Para xa! Cóntame o que pasou
-Pois que … o ano pasado os de quinto foron o monte a recoller a leña para facer o magosto…ai, aiiiii…  
-Pois… nos tiramos as castañas a cabeza dos rapaces e fixemos dobre cucurucho
-Ai,  aiiiiiiiiiiii…pero non vimos os  carballos nin as cerdeiras
-Xa! Pero fixemos xogos con globos de cores, non? Agora vasme dicir que non o pasaches ben!
-Ai, aiiiiiiiiiiiii… Conteillo aos meus veciños e…? Ai, aiiiiiii… Ríronse de min
- E logo? Non o  vexo tan gracioso. Non estivo tan mal e metíannos as castañas no cucurucho. Como non me gusta mancharme, pedinlle a un amigo que as pelara e  non tiven nin que tirar o cucurucho o lixo.
-Ai, aiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii. Ti non tes remedio!  O ano pasado paseino moi ben metendo  as mans nas cinzas. Imaxina o meu ataque de risa cando pintei a media clase. E cando te pintei a ti?  Ja, ja jaaaaaa…
-Pois …é verdade. Foi moi divertido. Ja, ja ja… Que magoa! Espero que o ano que ven o celebremos no monte e que demos un paseo
-Ai, aiiiiiiii… Xa non sera o mesmo. Despois do que contaron os meus veciños, xa non será  tan divertido Ai,aiiiiiiiiiiii…
-E logo , que contaron?
-Contaron que ían todo o día e que comían alí.  Que recorrían o monte, que buscaban leña e que organizaban xogos. Ai, ai…
- Ai, ai… tes razón. Xa non será o mesmo pero…nos farémolo divertido. O ano que ven traeremos as castañas, asarémolas no forno, contaremos contos, cantaremos cancións e…
-Sabes unha cousa! Empecemos a ensaiar.
- Pero , eu non sei cantigas galegas                                                                   
-Coñecemos  aquela  que canta  o teu avó  cando hai unha xuntanza
- Tes razón . Empeza así. Rosiña, rosa ,roseira…non?                         
- Fagámolo. É posible que ata alguén aturuxe. Ja  ja. É ben certo: non se divirte quen non quere.

Os artistiñas de 5ºA                                                                                                                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario